Friday 17 de May de 2024

Veciños e veciñas de Touro coñecen Zamora e Salamanca


 

Un grupo de veciños e veciñas de Touro visitaron durante o pasado fin de semana as cidades de Zamora e Salamanca. A excursión comenzou o sábado día 29 de setembro. Os veciños e veciñas, tras sair en bus, chegaron ata Puebla de Sanabria, cidade que tamén visitaron. Posteriormente trasladáronse ata Zamora, onde coñeceron o casco antigo da cidade a súa catedral e o río Duero. Os excursionistas tamén visitaron a cidade de Salamca, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988. Regresaron as súas casas o domingo, día 30 de setembro, xa pola tarde despois de disfrutar unha intensa fin de semana. O Concello de Touro organiza ao longo do ano unha serie de actividades socio-culturais, entre as que se atopan as viaxes por diferentes puntos de Galicia e do resto de España.